Benvid@s a tod@s

5 mar. 2016



A Comisión organizadora da MOEXMU 2016 quere darvos a benvida ao blog da Feira de Mostras e Exposicións de Muimenta. Adicaremos este espazo na rede a mantervos informados de todas as novidades relacionadas coa organización da MOEXMU e da Festa da Filloa da Muimenta. Nos menús superiores accederes a todos os datos que precisades para estar ao tanto da organización destes dous grandes eventos que tódolos anos celebramos en Muimenta.

Xa estamos quentando motores co obxectivo de ter todo listo para a que será a edición número XXXII da MOEXMU, a edición número XXX do Concurso-Exposición e a número XX da Poxa de Gando Selecto.


Comisión Organizadora da MOEXMU 2016

Os días 1, 2 e 3 de Abril de 2016, esperámosvos a todos en Muimenta, coma sempre, no Recinto Feiral "Manuel Vila López".




E se queredes saber máis, sempre podedes enviarnos un email á dirección que figura na sección Contacto, ou seguirnos nas redes sociais máis populares. Na cabeceira do blog tedes dúas ligazóns para facerte seguidor de MOEXMU a través de Twitter ou Facebook. ¡¡ Séguenos !!


Comida de gandeiros 2016