SECCIÓNS DO XXVI CONCURSO MOEXMU 2012
NOTA: Tomarase como referencia a data do 29 de febreiro de 2012 para encadrar os animais nas seccións.
- SECCIÓN 1: Xatas ata 8 meses. Nadas despois do 31 de xullo de 2011.
- SECCIÓN 2: Xatas de 8 a 10 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 3o de xuño de 2011.
- SECCIÓN 3: Xatas de 11 a 13 meses. Nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011.
- SECCIÓN 4: Xatas de 14 a 16 meses. Nadas entre o 1 de outubro de 2010 e o 31 de decembro de 2010.
- SECCIÓN 5: Xovencas de 17 a 19 meses. Nadas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2010.
- SECCIÓN 6: Xovencas de 20 a 22 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño de 2010.
- SECCIÓN 7: Xovencas de 23 a 26 meses. Nadas entre o 1 de decembro de 2009 e o 31 de marzo de 2010.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
- SECCIÓN 8: Xata Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificada das seccións 1, 2, 3 e 4 acadando o título de Xata Campiona e Xata Subcampiona.
- SECCIÓN 9: Xovenca Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificada das seccións 5, 6 e 7, acadando o título de Xovenca Campiona e Xovenca Subcampiona.
- SECCIÓN 10: Gran Campiona de Xovencas. Compiten a Xata e a Xovenca campionas.
- SECCIÓN 11: Vaca en lactación ata 26 meses. Nadas despois do 3o de novembro de 2009.
- SECCIÓN 12: Vaca en lactación de 27 a 30 meses. Nadas entre o 1 de agosto e o 30 de novembro de 2009.
- SECCIÓN 13: Vaca en lactación de 31 a 35 meses. Nadas entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2009.
- SECCIÓN 14: Vacas en lactación de 36 a 41 meses. Nadas entre o 1 de setembro de 2008 e o 28 de febreiro de 2009.
- SECCIÓN 15: Vacas en lactación de 42 a 47 meses. Nadas entre o 1 de marzo e o 31 de agosto de 2008.
- SECCIÓN 16: Vacas en lactación de 4 anos. Nadas entre o 1 de marzo de 2007 e o 28 de febreiro de 2008.
- SECCIÓN 17: Vacas en lactación de 5 anos. Nadas entre o 1 de marzo de 2006 e o 28 de febreiro de 2007 .
- SECCIÓN 18: Vacas en lactación de 6 anos ou máis. Nadas antes do 1 de marzo de 2006.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
- SECCIÓN 19: Mellor Criador. Compiten grupos de tres femias, nadas nunha mesma explotación, ainda que na actualidade pertenzan a distintos propietarios, acadando o título de Mellor Criador e 2º Mellor Criador.
- SECCIÓN 20: Vaca Nova Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 11, 12 e 13. Acadando o título de Vaca Nova Campiona e Vaca Nova Subcampiona.
- SECCIÓN 21: Vaca Intermedia Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 14, 15 e 16. Acadando o título de Vaca Intermedia Campiona e Vaca Intermedia Subcampiona.
- SECCIÓN 22: Vaca Adulta Campiona. Compiten 1ª e 2ª clasificadas das seccións 17 e 18. Acadando o título de Vaca Adulta Campiona e Vaca Adulta Subcampiona.
- SECCIÓN 23: Gran Campionato de Vacas. Compiten a Vaca Nova Campiona, a Vaca Intermedia Campiona e a Vaca Adulta Campiona. Acadará o título de Vaca Gran Campiona /Mellor Vaca do Concurso.
O xulgamento das seccións 8, 9 e 10 así como os da 20, 21, 22 e 23 farase simultaneamente en pista
A Organización resérvase o dereito de agrupar os subdividir as sección segundo o número de animais inscritos en cada unha delas.
A Organización resérvase o dereito de agrupar os subdividir as sección segundo o número de animais inscritos en cada unha delas.
- Gandería de Nova Participación: Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso, ás ganderías que non participaran con anterioridade ao ano 2011.
- Mellor Ubre. Nas seccións de vacas de leite otorgarase un premio ao mellor ubre de sección.
- Mellor Rabaño Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias propiedade dun mesmo gandeiro, puntuando os cinco mellores animais de cada gandería.
- Mellor Descendencia de vaca. Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias fillas ou netas da mesma vaca, concedéndolle o premio ao propietario da vaca da que se puntua a descendencia.
- Mellor Concello. Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias pertencentes a ganderías dun mesmo concello. O trofeo será entregado ao representante que designen os gandeiros dos concellos gañadores.
Premios especiais de XENÉTICA FONTAO S.A. para fillas de touros do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.
- Xatas ata 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 1, 2, 3 e 4.
- Xovencas de máis de 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 5, 6 e 7.
- Vacas en lactación. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións da 11 á 18 inclusive.