Paralelamente á celebración anual da MOEXMU, o primeiro domingo de Maio ten lugar no Recinto Feiral "Manuel Vila" de Muimenta, a Festa da Filloa. Adicaremos este lugar a contarvos todo o relativo a esta gran festa, declarada no ano 2008 como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Fai click nas ligazóns seguintes para acceder á información:
- A miña historia
- Material empregado na festa
- Concurso de debuxo e relato
- Pregoeiros
- Edicións
- Declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia (DOG do 25 de Abril de 2008
Durante o 2013 a comisión organizadora da MOEXMU plantexouse o reto de lograr que a Festa da Filloa de Muimenta fose declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Con este obxecto, elaboramos un extenso informe de máis de 1400 páxinas que avalan esta solicitud. Unha imaxe vale máis que mil palabras:
O traballo xa está feito e agora só queda esperar a que desde a Administración autonómica primeiro e despois desde a Secretaría Xeral de Turismo dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, recoñezan á Festa da Filloa como se merece.
Moitas grazas a todos os que colaborastes con nós para alcanzar este sono !!
No 2016 celebraremos os 25 anos da Festa da Filloa, e para iso, que mellor que facelo con música e teatro. Tedes unha cita con nós o día 29 de Abril, no Centro Socio Cultural da Xuventude e da Terceira Idade “Manuel Gesto Varela” – Casa da Cultura, para ver e desfrutar de "Sede Mal", con Luis Iglesia e Xavier Deibe.

As entradas anticipadas atópanse a venta en O CABUXO e no Restaurante Anllo, a un prezo de 10 €, con camiseta de agasallo ou ben chamando ao teléfono da MOEXMU 982 504 002.