Quentando motores para a Festa da Filloa 2013

27 abr 2013




A nova xeración de filloeiros e filloeiras ven pegando forte, e o vindeiro 1 de Maio de 2013 poderemos degustar ese riquísimo manxar na XXII edición Festa da Filloa . Contaremos cun pregoeiro de luxo, o editor e xornalista lucense Henrique Alvarellos. Non podes faltar a unha das festas máis importantes do ano na nosa vila.



A Festa da Filloa de Muimenta está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia, pero desde Muimenta, queremos dar un pasiño máis e conseguir que sexa declarada tamén Festa de Interese Turístico Nacional. Con tal obxectivo estamos a promover unha iniciativa desde a plataforma change.org para conseguilo. Se queres botarnos unha man, soamente tes que poñer a túa sinatura na seguinte ligazón. Moitas gracias pola túa axuda:

Petición para a declaración da Festa da Filloa como de interese turístico nacional.